
Mira, actúa, resolve, atopa e cóntasmo.
(visto en Download Squad)
O século XX foi un século de profundas contradicións. Foi un século no que se produciron avances inimaxinables en moitos dos ámbitos da vida. Dende os avances tecnolóxicos, que nos poderían facer superar moitas enfermidades, reducir a pobreza e eliminar a fame, ata os cambios de cultura política, que permitiron substituír formas autoritarias de goberno por outras formas democráticas.
Non obstante, e a pesar destes avances, vimos como o século XX se converteu nun do séculos máis sanguentos da historia. As dúas grandes guerras, a Guerra Fría, os estalidos xenocidas en países coma Bosnia, Ruanda ou Kosovo ou as grandes crises económicas que favoreceron o aumento de diferenzas entre os que máis teñen e os que no teñen nada, son claros indicadores das grandes contradicións do século que vimos de deixar atrás.
Trátase, en definitiva, dun século no que prevaleceu de forma notable unha cultura da violencia, que se caracteriza por poñer de manifesto sete inseguridades graves que adoitan xerar frustracións e, consecuentemente, violencia, a escalas moi diferentes. Estas sete inseguridades puxéronse de manifesto no Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) en 1998 e son de tipo económico e financeiro, das rendas, cultural, sanitario, persoal, ambiental, e político e comunitario. Tales inseguridades atópanse na base das numerosas inxustizas e desigualdades que imperan tanto a escala local, coma rexional e, mesmo, mundial.
No marco da Década Internacional para a Cultura da Paz (2001-2010), proclamada polas Nacións Unidas, esta lei, recoñecendo o papel absolutamente decisivo que xoga a educación como motor de evolución dunha sociedade, pretende ser un punto de partida para substituír a cultura da violencia que definiu o século XX, por unha cultura da paz que ten que caracterizar o novo século.
A cultura da paz fórmana todos os valores, comportamentos, actitudes, prácticas sentimentos e crenzas que acaban conformando a paz.
Esta cultura da paz tense que implantar potenciando a educación para a paz, a non-violencia e os dereitos humanos, a través da promoción da investigación para a paz, da eliminación da intolerancia, da promoción do diálogo e da non-violencia, como práctica que se ha xeneralizar na xestión e transformación dos conflitos.
Esta lei, amparándose no punto a.2 do Programa de Acción sobre unha Cultura da Paz, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1999, establece unha serie de medidas destinadas ao eido educativo e da investigación, co obxecto de establecer a cultura da paz e da non-violencia na nosa sociedade.
Lei de Fomento da Educación e Cultura de Paz. Versión en galego
Ley de Fomento de la Educación y Cultura de Paz. Versión en castellano
Ilustración e informacións, do
Seminario Galego de Educación para a Paz
“Érase unha vez un reino no sur de Exipto, Meroe, e o seu soberano chamábase Gaspar. Como os seus pais, coma as súas esposas, coma todo o seu pobo, Gaspar era negro, pero non o sabía, non tendo visto nunca un branco. E non só era negro,senón que tiña un nariz chato, orellas minúsculas e cabelos crespos, cousas todas que igualmente ignoraba.” M. Tournier. Os Reis MagosUn Gaspar sudanés, non un Baltasar pintado de betume, que arrastrado pola longa e loira cabeira do cometa chega ata a Belén e coñece o Neno que el, e só el, ve de cor negra. No mesmo libro coñecemos a Taor, o cuarto ReiMago, o príncipe do azucre e santo do sal, que abandonou o seu reino perseguindo o sabor definitivo e atopouno no humilde banquete do pan e do viño.
“Non hai pobo no mundo que teña máis igrexas por católico cadrado”.“(ten) un cemiterio pequeño, que produce a maior cantidade de silencio do mundo”.“Morrer é o único que lle falta ó meu pobo, pra ser fondamente e enteiramente humano”.
Mariano Coronas (Aragón)
Xosé Antón (Galicia)
Sônia Bertocchi (Sao Paulo)
“Este é un conto moi longo sobre unha mentira moi grande escrito dunha maneira moi curta e moi rara, pero é un conto”.Un conto de nadal para os nenos da fame que non existen... aínda que aparezan nas estatísticas. Quen se atreva coa súa lectura, que o faga en voz alta aínda que sexa curioseando en silencio.
Égloga Mama o campo hoxe leite de campanas, para el moxe o crego quentes bateladas. L. Amado Carballo. Proel Amado Carballo ofrécenos un poemiña de buscada sinxeleza para recrear un tema clásico: a vida bucólica. O título evócanos a vida e costumes dos pastores que na breve composición non aparecen, pero que o lector debe coñecer. O idealizado mundo pastoril trócase pola vida rural con outros personaxes: o crego e as campás. Con todo, o elemento principal é o leite cuxo campo semántico lácteo ocupa un lugar relevante (mamar, leite, muxir) e do que se extraen múltiples lecturas connotativas: maternidade, infancia, calor, protección... Velaquí a verdadeira idealización da paisaxe rural, podemos supor (?) tamén galega. Malia que non se chega a realizar unha descrición paisaxística, existen alusións sensoriais auditivas e táctiles en clara sinestesia no derradeiro verso (“quentes bateladas”). O outro recurso estilístico, a personificación, acentúa a sensación descritiva e forma parte do hilozoísmo ou animismo característico do autor pontevedrés. Só a imaxe do “campo que mama leite de campás” é de raíz vangardista. Nada hai de rupturista a nivel formal. Trátase de hexasílabos con rima asoante nos versos pares, nunha estrofa de sabor popular que axuda a resaltar o contido. |
A ver como o encadernamos para a biblioteca!
Descarga gratuíta en Consello da Cultura Galega (PDF 2,2 MB)
AGARIMO As mans, como navíos, asulcan teu cabelo, mar que escacha en fíos na frente setestrelo. Sob as douradas olas o corazón muíña, e enfoula as almas tolas a infinda fariña. O misterioso goce, que sofre o esprito lene, relampa no teu doce ollar para selene. Dun recanto do ceo meu amor estreleiro, pra pousar no teu seo, apresa un bico luceiro. E, alcendendo a candea da venturanza miña, canta a boa serea: --“Acariña, acariña...” ------------------------- BOUZA BREY, FERMÍN Localización:821.1-1/BOU/nao | Resolvemos as cuestións léxicas. Dos arcaísmos (sob < SUB) aos cultismos (selene, “lúa”) e dos vulgarismos (alcender por acender) á recreación poética da fala popular (enfoular, lixar de foula, “po miúdo de fariña”). Dicionario en man, aclaramos difetentes relacións semánticas suxeridas polo poema ata acabar buscando as definicións de agarimo, cariño e amor. Alguén pide que lle repitan unha e outra vez o que significa amor para copialo na libreta, pero acaba desistindo entre os conceptos de afección profunda, inclinación, reprocidade no desexo de unión e adhesión desinteresada. Daquela voltamos á poesía, ao “misterioso goce” que se destila entre o símil mariñeiro (mans como navíos), a metáfora muiñeira (corazón-muíño; amor-fariña), e a imaxe astronómica (bico luceiro). Ata chegarmos á canción da serea que condensa nunha repetición verbal unha idea principal: a necesidade do aloumiño. Pois iso, apertas tamén para os que faltan a clase os venres pola tarde. ---000--- P.D.: Segue en pé a promesa de observar o setestrelo (Osa Maior) cando as nubes o permitan, e buscar en internet a posición das estrelas a noite que nacemos. |
“Así, serán un total de 231 centros galegos os que reciban un mínimo de 4.500 euros en virtude desta actuación. Deles, incrementarán a súa contía 16 centros incluídos no plan galego de mellora das bibliotecas e 131 porque presentaron un proxecto na convocatoria deste plan.”
Porque detrás desta cita está a autora da obra, María Victoria Moreno, escritora e profesora de literatura que faleceu onte en Pontevedra aos 65 anos. Para ela tamén anagnórise, recoñecemento da verdadeira identidade e talento."As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos"
GUEDELLAS DE SEDA E LIÑO
Autor/es: MORENO, MARÍA VICTORIA
Editorial: EDITORIAL GALAXIA 1999
Localización: 821.1-4/MOR/gue Estado: Dispoñible
"Hubo una vez un niño sordo que amaba a un camello.”
Aínda que só teñas un segundo, hai unha cousa importante que pode facerse, e que trae consigo moitas probabilidades de evitar os efectos da explosión: Axeonllarse e rezar Deitarse no chan boca abaixo Chamar os bombeiros | ![]() |