Espazo Lectura


Desde Gondomar nos llega Espazo Lectura, un colectivo que tuvo su origen en la asociación de madres y padres "As Pontes" del CRA Antía Cal de Gondomar.

Llevan casi dos años con el proyecto de dinamización lectora Contomar y a finales de 2007 ponían en marcha el Club de Lectura Compartida Lendo Contigo.

Puedes seguir sus actividades tanto en el álbum de imágenes que han creado, como en su canal de vídeo en YouTube.

Espazo Lectura é un colectivo que organiza actividades sen ánimo de lucro que ten como finalidade o fomento e a animación á lectura, con especial cometido na animación á lectura en lingua galega, así como calquera outro tipo de fins que teñan que ver coa promoción da lectura e do libro como referente de benestar social e coa consideración do libro como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas.

50 años de un símbolo


Diseñado en 1958 por el artista británico Gerald Holtom como emblema de la Campaña para el Desarme Nuclear en Gran Bretaña.
Fue utilizado por primera vez en Londres durante una marcha de protesta contra la creación de un centro de investigación de armas nucleares en Aldermaston, una pequeña ciudad situada a 70 kilómetros de la capital inglesa.
En la década de los 60 se convirtió en el icono de los movimientos antibelicistas y contraculturales de la época.

Para celebrar esos cincuenta años, esta página te invita a crear tu propio símbolo y colgarlo en una galería virtual.

Mañá é o Día da Paz

PAZ, PAU, PAIX, MIR, PEACE, BAKE, SHANTI, FREDE, NEEDED...

Desde hai días as bibliotecas escolares galegas colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a PAZ á guerra.



Sétimo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

Non ás Guerras

Falamos de guerras, falamos de paz. Falamos dos nosos desexos dun mundo mellor. Fermoso sería que as armas fosen xoguetes que nunca servisen para matar. Conseguilo é o noso obxectivo.

Empeñados como estamos, proclamamos cada día

NON ÁS GUERRAS

Sexto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

Pintura pola PAZ

A violencia nas súas diferentes formas, como manifestación do despropósito, é un dos aspectos máis notables na obra de Goya. Foron precisamente os sucesos acontecidos durante a Guerra de Independencia (1808-1814) os que deron lugar a que Goya efectuase unha reflexión enormemente crítica e innovadora sobre a guerra, sobre as súas causas, brutais manifestacións e consecuencias.

(...) Francisco de Goya, escéptico ante as xustificacións da guerra, lonxe de apoiar coa súa obra os postulados ideolóxicos dalgún dos bandos contendentes, mostra o rostro máis escuro e abxecto da guerra, o dos mortos e os seus asasinos, o dos indefensos e os seus prepotentes violadores, o dos que padecen e os dos que gozan co padecemento alleo.

(...) A sensibilidade de Goya ante estes acontecementos produciu non só a súa mellor serie de estampas, senón un monumental berro contra a violencia nas súas diferentes formas, que non recoñece xustificación ningunha, e que grazas ao maxistral do seu tratamento técnico, formal e conceptual permite ao espectador comtemplar imaxes inherentes a toda guerra.

(...) As obras de Goya de contido bélico non mostran aos heroes militares ou populares que loitaron contra os franceses, de todos coñecidos grazas ás publicacións e ás galerías de retratos gravados amplamente difundidos na España do seu tempo. Nin tan sequera preséntannos feitos concretos acaecidos en lugares determinados. Pola contra Goya móstranos, partindo de acontecementos reais, a esencia dos mesmos, a representación universal do heroísmo, a brutalidade, a fame, a deseperación, a destrución, pero sobre todo a morte. E todo iso protagonizado polo pobo anónimo, verdadeira vítima da guerra.

José Manuel Mantilla. El libro de Los Desastres de la Guerra. Francisco de Goya. Madrid, 2007, Arlanza Ediciones.



Nota: Os títulos dos gravados reproducen a ortografia orixinal de Goya.

Quinto traballo colaborativo dos
Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

Poesía pola PAZ

Violencia é que ainda no século XXI, os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse.
Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor que vai ser homenaxeado no Dia das Letras Galegas.
Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa, da esmola da xente, e como ata a algunha xente lle chega a parecer normal esta situación tan inxusta.

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.
-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes!.

Xosé María Álvarez Blázquez
(Tui 1915-1985)

Cuarto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

Música pola PAZ

Seguindo co noso traballo en prol dun mundo mellor no que o diálogo impere sobre o armamento, hoxe achegámosvos tres propostas musicais aínda quentiñas: toda unha proposta de karaoke pacífico para reflexionar.

Solo le pido a Dios:



Blowing in the wind:



Rosa de la Paz:



Terceiro traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón

Cremos na forza da PALABRA

Pequena montaxe realizada na biblioteca do CEIP de Pazos.

POEMAS POLA PAZ

Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas.

"A poesía é unha arma cargada de futuro"
Gabriel Celaya


Cuando ya nada se espera personalmente exaltante,
mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia,
fieramente existiendo, ciegamente afirmado,
como un pulso que golpea las tinieblas.

Cuando se miran de frente
los vertiginosos ojos claros de la muerte,
se dicen las verdades:
las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.

Se dicen los poemas
que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados,
piden ser, piden ritmo,
piden ley para aquello que sienten excesivo.

Con la velocidad del instinto,
con el rayo del prodigio,
como mágica evidencia, lo real se nos convierte
en lo idéntico a sí mismo.

Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.

Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.

Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.

Hago mías las faltas. Siento en mí a cuantos sufren
y canto respirando.
Canto, y canto, y cantando más allá de mis penas
personales, me ensancho.

Quisiera daros vida, provocar nuevos actos,
y calculo por eso con técnica qué puedo.
Me siento un ingeniero del verso y un obrero
que trabaja con otros a España en sus aceros.

Tal es mi poesía: poesía-herramienta
a la vez que latido de lo unánime y ciego.
Tal es, arma cargada de futuro expansivo
con que te apunto al pecho.

No es una poesía gota a gota pensada.
No es un bello producto. No es un fruto perfecto.
Es algo como el aire que todos respiramos
y es el canto que espacia cuanto dentro llevamos.

Son palabras que todos repetimos sintiendo
como nuestras, y vuelan. Son más que lo mentado.
Son lo más necesario: lo que no tiene nombre.
Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos.

Traballo colaborativo dos

Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

POLA PAZ

Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.

E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí.

Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar por unha mellor sociedade do futuro.


XUNTOS POLA PAZ

II Premio Espiral de Edublogs08

A Asociación “Espiral, Educación y Tecnología”, convoca o II Premio de Edublogs 2008.

Bases Premio Espiral Edublogs 08

Este premio pretende:
  • Valorar a importancia e repercusión dos blogues na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación dos alumnos.
  • Recoñecer o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica.
  • Servir de escaparate motivador dunha corrente educativa dentro da blogosfera, que axuda á xeneralización do uso das TIC na aula.
  • Favorecer canles de opinión e debate sobre a necesidade de avanzar no uso dos blogues no contorno educativo.

Categorías do premio:

  • Blogues de profesores e profesoras: blogues individuais que teñan contido educativo, ben sexa porque :
    • Conten reflexións sobre a aula e a educación en xeral.
    • Ofrece recursos para outros profesores.
    • Elabora materiais didácticos.
    • Ten un marcado contido educativo.
  • Blogues colectivos de profesores e profesoras: que non forman un grupo natural dentro dun centro educativo, departamento, etc. Varios profesores e profesoras de diferentes lugares de traballo ou lugar xeográfico que manteñen un blogue.
  • Blogues de Centros educativos: Son blogues colectivos mantidos por un grupo de profesorado dun Colexio, Instituto ou Departamento Didáctico.
  • Blogues de Aula: blogues onde escriben e publican os alumnos e alumnas xunto ao seu profesor ou profesora, onde colgan actividades e exercicios, ben sexan colectivos ou individuais. Non son blogues individuais de profesores, aínda cando escriban para os seus alumnos e para a súa aula, porque son considerados dentro da categoría de blogues de profesores e profesoras. A fórmula para esta categoría de blogues pode ser dun planeta de blogues: o do profesor e mais os blogues individuais dos alumnos, ou un blogue colectivo de aula da materia onde escriben o profesor e os seus alumnos. o premio dáse ao profesor que traballa nun blogue de aula co concepto expresado aquí. Non se admitirán a concurso blogues de alumnos e alumnas individuais. Haberá varias categorías:
    • Infantil
    • Primaria
    • Secundaria
    • Bacharelato
    • Formación profesional
    • Formación de Persoas Adultas
    • Universidade
  • Mencións:
    • Blogues institucionais, Centros de profesores (CPRs, Berritzegunes, CEFIREs, etc): Centros de Asesoramento e Formación do Profesorado que utilizan o blogue como coordinación para:
      • Seminarios de Traballo.
      • Coordinación de responsables TIC.
      • Ofrecer servizo de asesoramento en xeral.
    • Blogues de portais e asociacións que ofrecen diversos servizos con relación aos edublogues e á educación.

Premios

Establécense tres premios por cada categoría co motivo do logo deste premio, unha buxaina sobre unha espiral :

  • Primeiros premios: Buxaina dourada
  • Segundos premios: Buxaina prateada
  • Terceiros premios: Buxaina bronceada
  • Mencións: Buxaina natural

Haberá un premio especial do xurado ao blogue que mellor tratamento faga do tema da auga, grazas ao patrocinio de Rotary Club Barcelona 92 que un ano máis, súmase á iniciativa de Espiral.

Os premios entregaranse na Xornada de Espiral que se celebrará o día 9 de xuño en Barcelona.

Idioma do blog

Poden presentarse a este Premio blogues de calquera país sempre que estean escritos nalgunha das linguas oficiais do Estado Español: castelán, catalán, éuscaro e galego. Ademais, admitiranse blogues escritos noutra lingua como francés, inglés, italiano, etc que formen parte de materias cursadas en Centros educativos do Estado Español. Por exemplo, non pode presentarse un blogue escrito en inglés dun blogger de Bristol, pero si un blogue en inglés dun IES, Escola de Idiomas ou de calquera outro centro educativo español.

Proceso de selección e propostas

  • Ábrese un período de tempo comprendido entre o 17 de xaneiro e o 30 de abril de 2008 para presentar candidaturas a cada categoría.
  • As candidaturas dos blogues poderán ser presentadas por calquera persoa mediante unha mensaxe na páxina estática Envía tu blog (nunha pestana na zona superior). Incluirase unha breve descrición sobre o mesmo indicando as ideas principais que xustifican a súa proposta.
  • Cada candidatura será publicada nun artigo neste blogue co texto enviado.
  • As candidaturas poden ser valoradas posteriormente por outros lectores mediante comentario en cada artigo ou proposta.
  • As valoracións/comentarios aos blogues candidatos pecharanse o 30 de abril.
  • Os comentarios e valoracións realizadas aos diferentes blogues teranse en conta polo xurado.
  • O xurado publicará os finalistas o 6 de maio de 2008.
  • Publicación de resultados finais o xoves 15 de maio de 2008.
  • A entrega de premios realizarase durante A Xornada Espiral: venres 6 e sábado 7 de xuño de 2008.

Criterios de valoración dos blogues que terá en conta o xurado

  • Recursos ofrecidos
    • Ferramentas web2.0
    • Actividades
    • Referencias
  • Utilidade didáctica
    • Para o profesor: permítelle empregalo na aula
    • Permite reflexionar sobre a sú práctica
    • Ofrece actividades para o alumnado
  • Valoración xeral dos contidos do blogue
  • Innovación das propostas, posts ou contidos: WebQuest, Cazas do Tesouro, buscas guiadas, actividades on line, ferramentas web 2.0.

Se queres presentar o teu blogue podes facelo a través do formulario que aparece premendo nesta ligazón.

Blogue da Asociación Espiral.


O xurado está composto polos seguintes blogfesores e blogfesoras:



(tradución de Iolanda Sánchez)

Roteiro polas Bibliotecas Escolares (II)


CEIP José Cornide
Despois dunha comida moi agradable, veu un fantástico café que durou un par de horiñas. Canto falamos de bibliotecas (é a nosa teima!), das nosas experiencias, dos nosos proxectos, e de moitas cousas máis…. E chegou o momento que tanto esperabamos, marchamos para o cole. O sol xa se tiña retirado o que lle dou á entrada no José Cornide un certo aire de misterio. Era a antesala perfecta dunha visita que non poderemos esquecer.
Recibiunos o Sr. Rato. E pensar que eu lles teño fobia a eses "pequenos roedores", pero o que aconteceu co Sr. Rato foi, amor a primeira vista!! Engaiolounos nada máis coñecelo, é agarimoso, doce, encántanlle os libros, como a nós, e como cicerone non o hai mellor.
Levounos a todas as aulas, á sala dos profes (Vaia PEC máis ben traido, si señor!!), subiuse ao escenario e deixou para o final a biblioteca. Como é de tremendo, sabía que estabamos desexando coñecela.
E ao entrar alí, entramos nun mundo de ilusión e fantasía que nos fixo volver aos nosos anos mozos (e mirade que xa choveu!!!)
Ali estaban Pinocho, a Carapuchiña vermella e a súa cestiña, o cofre da Illa dos tesouros, a bruxa e a súa escoba, o zapato de Cenicienta, o Mago Merlín, o sillón dos grandes personaxes (que probou, como non podía ser menos, o noso Mago particular), e todo iso rodeado de miles de contos e historias marabillosas.
Pero algo fantástico estaba a piques de ocorrer... cando xa pensamos que o tiñamos todo visto o Sr. Rato levounos ao camerino. Meu Deus, pero que era aquilo? Nin máis nin menos que todo o necesario para que os nenos e nenas do Cornide poidan ver os seus soños feitos realidade, para que nun segundo aparezan alí todos e cada un dos seus personaxes preferidos. Si, si, non estamos a esaxerar nin unha miaxiña. Alí hai perrucas, plumas, abanicos, sombreiros, pinturas, maquillaxes, xoias estupendas, traxes de princesa, de indio, de xitana... Eran tantos os sentimentos e emocións que estabamos a sentir, que o Sr. Rato decidiu acougarnos léndonos un dos moitos contos preciosos que alí teñen, escritos polos rapaces . E que ben le o condenado!
E despois da lectura, a visita chegou ao seu fin.
Querido Sr. Rato, canto disfrutamos!!

Tamén nos outros GBI Blogs

O Segrel do Penedo

Biblioafonso


Outros Roteiros:
CEIP Milladorio-Malpica

Sin respiro



Detente, lee y respira...

(vídeo vía ALT1040)

9 semanas... y media

Dídac Margaix nos acerca al trabajo de Helene Blowers con 23 cosas.

Helene Blowers, directora de los servicios tecnológicos de la biblioteca pública del Condado de Charlotte and Mecklenburg (USA) diseñó un programa de trabajo Learning 2.0 para formar a sus trabajadores sobre la Web 2.0. Desde entonces la lista de bibliotecas y organizaciones que están desarrollando este método se incrementa día a día.

Dídac está traduciendo y adaptando una metodología que nos lleva en 23 sencillos y pequeños pasos al conocimiento de la tecnología que rodea la Web 2.0. Algo que no puede faltar dentro de las competencias profesionales de cualquier docente, si además realizamos parte de nuestra labor en una biblioteca escolar no hay duda alguna de que esto se convierte en algo imprescindible.

Los blogs en los libros de texto

Cuatro páginas dedica al fenómeno de los blogs el libro de texto Lingua e Literatura 1º ESO de Xerais. En una de ellas podemos ver unos pantallazos de algunos blogs muy conocidos como Selva de Esmelle, Calidonia, Brétemas, que vida de porquiño!, Cabrafanada, y en una esquinita aparece también A Nosa Biblioteca.
En otra página encontramos una imagen del blog de la biblioteca del IES Pintor Colmeiro que sirve para mostrar los diferentes elementos de un blog.

Los blogs en 1º de la ESO

Ya en mayo del año pasado contábamos algo parecido: O noso blog nun libro de texto

Una sencilla propuesta

Si la soledad te enferma el alma
si el invierno llega a tu ventana
no te abandones a la calma con la herida abierta
mejor olvidas y comienzas una vida nueva
y respira el aire puro
sin el vicio de la duda
si un día encuentras la alegría de la vida
sé feliz, sé feliz, sé feliz, sé feliz
con los colores de una mariposa
vuela entre las luces de la primavera
si te imaginas que la lluvia te desnuda
juega en los mares que despiertan a la luna
y sé feliz, sé feliz, sé feliz, sé feliz
si la soledad te enferma el alma


Esa rata lectora


Quizás como anticipo, quién sabe, a ese año chino de la rata que comienza el 7 de febrero. Nos llegó esta entrañable rata lectora.

La primera noticia que tuve de Firmin fue a través del excelente biblioblog escolar Ars legendi. Y es que los blogs de las bibliotecas escolares gallegas se han convertido en una referencia de primera línea para estar al día en cuanto a novedades, experiencias lectoras y actividades de dinamización.

Más tarde me enteré que la cuidada traducción es obra de un bloguero al que sigo desde hace años.

Y mientras "saboreo" sus páginas, la blogosfera se ocupa debidamente de esta alimaña urbana que dejó de comer libros para leerlos.

Y no tienes que creerte los relatos para que te gusten. Me gustan todos. Me encanta la progresión del planteamiento, del desarrollo y del desenlace. Me encanta la lenta acumulación de significados, los brumosos paisajes de la imaginación, los recorridos laberínticos, las laderas boscosas, los reflejos en los estanques, los giros trágicos y los deslices cómicos. La única literatura que no soporto es la de ratas, incluidos los ratones. Me carga el Rata de El viento en los sauces, tan bondadoso y tan bueno. A Mickey Mouse y Stuart Little me dan ganas de mearles en la boca. Van por ahí arrastrando los pies, afables, primorosos, se me hincan en el gaznate como espinas de pescado.

Puedes devorar si quieres el primer capítulo. O echar un vistazo a los 19 libros citados por Firmin. O ver la promoción del libro en Youtube.

(Ilustración de Fernando Krahn)