Hoxe á tarde leremos o comezo de Anagnórise: novela de amor, reeditada como a primeira obra da colección Costa Oeste de Galaxia que xunto con Fóra de Serie de Xerais identifican a primeira vista todos os nosos alumnos e alumnas. Estou case seguro que escoitarei “ese libro xa o lin, profe” nas clases de Educación Secundaria de Adultos (mozotes, chamaríalles a miña avoa). E será certo.
Subiremos ao coche cos protagonistas da novela e veremos cómo se defende a única alumna da clase na discusión sobre se os mulleres conducen mellor ou peor cós homes. Pero oxalá deamos chegado ata
Porque detrás desta cita está a autora da obra, María Victoria Moreno, escritora e profesora de literatura que faleceu onte en Pontevedra aos 65 anos. Para ela tamén anagnórise, recoñecemento da verdadeira identidade e talento."As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos"
Na biblioteca:
ANAGNÓRISEAutor/es: MORENO, Mª VICTORIA
Editorial: GALAXIA 1997
Localización: 821.1-4/MOR/ana Estado: Dispoñible
GUEDELLAS DE SEDA E LIÑO
Autor/es: MORENO, MARÍA VICTORIA
Editorial: EDITORIAL GALAXIA 1999
Localización: 821.1-4/MOR/gue Estado: Dispoñible
1 comentario:
Nunha palabra "xenial".
Este libro gustoume moitísimo.
Comecei a leelo,xa que marchaba de vacacións e asi non se me faria tan aburrida a viaxe,e nin me imaxinaba que me puidese gustar tanto.
Leino seguido porque me enganchou,e en ningún momento chegou a parecerme aburrido.
É un conto triste,e cun final sorprendente(que me encantou).Este libro fixome reflexionar sobre o dura que pode ser a vida para algúns e o doada que pode ser para outros...e nese caso o protagonista tocaralle unha vida un poco dura.Gustoume a forma que ten de querer Nicolau a Natalia,xa que se notaba que era un amor verdadeiro,o que no me gustou tanto foi que el no a creeu cando ela dixeralle que non lle puxera os cornos.Outra cousa que me gustou do libro foi a maneira que tiña Xulia de ver a vida(sempre tan positiva),e os consellos que lle daba o rapaz,deume magoa o final cando morre no accidente e non se pode despedir direcctamente del so mediante carta.Unha das cousas polo que penso que o libro engancha e pola misteriosa personalidade de Xulia xa que ata o final non revela a súa identidade.
Pareceume curioso como resulta que o final Natalia era filla de Xulia,era algo que non mo esperaba,aínda que logo dinme conta de que todo encixaba,e non sei como non me dera antes conta.
En conclusión,pareceume un bo libro y recomendariallo ler a todo o mundo.
Publicar un comentario