Un cronopio no CGAI

Parte do legado audio visual de Julio Cortázar foi donado ao CGAI pola súa primeira muller Aurora. Os cronopios e cronopias andamos todos de festa.
Julio Cortázar foi un pouco de todas partes e agora témolo aqui ao lado, e podemos disfrutar das fotos e filmacións privadas do escritor. Legado que vai ter casa aquí.
Para festexar isto imos ler la isla a mediodía na aula de Literatura Universal.

Na Biblioteca tedes varios libros de narracións de Cortázar: “Bestiario”, “las armas secretas”,”manual de cronopios”, “la autopista del sur y otras historias”, “los relatos”. Dúas novelas:”Rayuela” “los premios”.