Todas as imaxes en FOTOBIBLIO
No carballo con botas viaxamos ao país dos contos sen saír da biblioteca. Chamamos ao Lobo Garabelos lobo Garabelos lobo Garabelos. Choramos co neno frío, o neno sede, o neno guerra que montou nunha patera en busca dun nome e foi só inmigrante nº.3. Rimos co burro de Betanzos que nos librou da guerra. Reciclamoscontos vellos que valen para tempos novos. Abrazámonos ás árbores ou as árbores abrazáronnos a nós. Non pronunciamos en van as palabras xustiza e liberdade: NON QUERO IR Á GUERRA. Coa estrela Salgadiña pedimos un desexo:
Que Anxo abra máis corazóns co seu verbo!!!
1 comentario:
Un gran abrazo para Anxo, fue un placer conocerle y escucharle.
Publicar un comentario