O acomodador e outras narraciós

Dos relatos incluídos na Antoloxía do conto galego. Século XX, reeditada hai un mes con algúns engadidos, un dos que máis lles gustou aos lectores de 2º. de bacharelato da quenda da tarde foi “O viño dos sábados”, de Marcial Suárez. As bebedelas do Tarabá, do Pardau e do Boca que máis có viño o “que se lles subía á cabeza era, sinxelamente, o sábado”.
Para quen lle soubese a pouco, na biblioteca figura a primeira edición do magnífico libro de relatos O acomodador e outras narraciós, Galaxia (1969), tamén na edición non venal en tres tomiños de xa hai anos de Diario 16.
Toda vila debería contar cun libro coma este que Marcial Suárez dedicou a Allariz cunha galería de populares personaxes alaricanos. Escrito ademais cun sentido de humor desenganado que abala entre a rexouba nostálxica e a tenrura. Non sei por qué, lembra escenas de neorrealismo italiano visto polo cristal galego.
Súas son as célebres afirmacións referidas á vila do Arnoia:
“Non hai pobo no mundo que teña máis igrexas por católico cadrado”.
“(ten) un cemiterio pequeño, que produce a maior cantidade de silencio do mundo”.
“Morrer é o único que lle falta ó meu pobo, pra ser fondamente e enteiramente humano”.
O acomodador está esperando unha nova reedición, con actualización ortográfica, que lle traia novos lectores tamén nos centro de ensino.
Ou será que eu tiña hoxe morriña da Ziralla (léase ó revés).

O acomodador e outras narraciós
Autor/es:
SUÁREZ, MARCIAL
. Ilustracións de Luís Seoane
Editorial:
GALAXIA
1969
Localización: 821.1-3/SUÁ/aco
Antoloxía do conto galego, século XX
Selección de
Alonso Girgado, Luis

Editorial:
Galaxia 1992
Localización: 821.1-3/VAR/ant

No hay comentarios: