“Érase unha vez un reino no sur de Exipto, Meroe, e o seu soberano chamábase Gaspar. Como os seus pais, coma as súas esposas, coma todo o seu pobo, Gaspar era negro, pero non o sabía, non tendo visto nunca un branco. E non só era negro,senón que tiña un nariz chato, orellas minúsculas e cabelos crespos, cousas todas que igualmente ignoraba.” M. Tournier. Os Reis MagosUn Gaspar sudanés, non un Baltasar pintado de betume, que arrastrado pola longa e loira cabeira do cometa chega ata a Belén e coñece o Neno que el, e só el, ve de cor negra. No mesmo libro coñecemos a Taor, o cuarto ReiMago, o príncipe do azucre e santo do sal, que abandonou o seu reino perseguindo o sabor definitivo e atopouno no humilde banquete do pan e do viño.
Son as historias sagradas vistas polo escritor francés Michel Tournier. Para quen aínda crea que sagrado significa intocable, no libro de relatos O urogalo, Caín é o favorito de Deus e Mamá Noel dálle a teta ao neno Xesús...
OS REIS MAGOS
Autor/es: TOURNIER, MICHEL
Editorial: XERAIS
Localización: 821.1-4/TOU/rei
O UROGALO
Autor/es: TOURNIER, MICHEL
Editorial: XERAIS
Localización: 821.1-4/TOU/uro
VENRES OU A VIDA SALVAXE
Autor/es: TOURNIER, MICHEL
Editorial: XERAIS
Localización: 821.1-4/TOU/ven
No hay comentarios:
Publicar un comentario