DYLAN THOMAS: UN POETA DE OUTONO

Castiñeiros en outono (Bergondo)

DYLAN THOMAS :UN POETA DE OUTONO

“O día do meu aniversario empezou con paxaros mariños
e con paxaros que nas árbores cheas de pólas voaban o meu nome
Por riba das granxas e dos cabalos brancos
E eu erguinme
No outono chuviñento
E camiñei baixo a enxurrada da miña vida”.

“My birthday began with the water
Birds and the birds of the winged trees flying my name
Above the farms and the white horses
And I rose
In rainy autumn
And walked abroad in a shower of all my days”

Dylan Thomas (Swansea 1.914- New York 1.953) naceu e morreu no outono. Empeza aser coñecido como poeta coa publicación de “a forza que a traveso do verde talo impulsa á flor” The force that through the green fuse drives the flower . Corría o outono de 1.933 e Dylan Thomas só tiña 19 anos.

A forza que a traveso do verde talo impulsa a flor
impulsa a miña verde idade; a que arruína a raiceira das árbores
é a miña destrutora.
E eu fico mudo para explicar á rosa murcha
como a miña mocidade é crebada pola mesma febre inverniza.

A forza que impulsa a auga entre ar rocas
impulsa o meu sangue vermello; a que evapora os regatos no monte
torna o meu en cera.
E eu fico mudo para explicar á nacente das miñas veas
como o regato do monte sorbe da mesma fonte.

A man que remexe a auga na pucharca
remove as areas movedizas, a que turra do cabo ateazado por fortes ventos
turrará da vela do meu sudario.
E eu fico mudo para explicar ao aforcado
como do meu mesmo barro está feito o verdugo.

Os beizos do tempo sorben da nacente da fonte;
o amor escorrega e enchoupase, pero o sangue caído
calmará as súas feridas.
E eu fico mudo para explicar á brisa
como o tempo ten marcado un ceo ao redor das estrelas.

E eu fico mudo para explicar á tumba da amante
como ao meu sudario vai o mesmo verme trapaceiro.

En Laugharne (Gales) podemos ver o lugar de traballo do poeta.

2 comentarios:

Antonio dijo...

Bienvenida al blog !!

Serafín dijo...

Excelentes traducións!!!

Segundo o catálogo, só figura na biblioteca a obra En la casa del abuelo y otros relatos (Alfaguara) cunha signatura errada (82.4/THO/cas) que haberá que cambiar.

Benvida ao blog, Inés. Espero que non “toleases” demasiado polas indicacións un tanto barulleiras que che demos.