Comentario de textos

Égloga
Mama o campo hoxe
leite de campanas,
para el moxe o crego
quentes bateladas.
L. Amado Carballo. Proel

Amado Carballo ofrécenos un poemiña de buscada sinxeleza para recrear un tema clásico: a vida bucólica. O título evócanos a vida e costumes dos pastores que na breve composición non aparecen, pero que o lector debe coñecer. O idealizado mundo pastoril trócase pola vida rural con outros personaxes: o crego e as campás.
Con todo, o elemento principal é o leite cuxo campo semántico lácteo ocupa un lugar relevante (mamar, leite, muxir) e do que se extraen múltiples lecturas connotativas: maternidade, infancia, calor, protección... Velaquí a verdadeira idealización da paisaxe rural, podemos supor (?) tamén galega.
Malia que non se chega a realizar unha descrición paisaxística, existen alusións sensoriais auditivas e táctiles en clara sinestesia no derradeiro verso (“quentes bateladas”). O outro recurso estilístico, a personificación, acentúa a sensación descritiva e forma parte do hilozoísmo ou animismo característico do autor pontevedrés.
Só a imaxe do “campo que mama leite de campás” é de raíz vangardista. Nada hai de rupturista a nivel formal. Trátase de hexasílabos con rima asoante nos versos pares, nunha estrofa de sabor popular que axuda a resaltar o contido.


Realizado por: 2º. Bacharelato - Adultos

PROEL
Autor/es:
AMADO CARBALLO, LUIS
Editorial: GRUPO ACSA 2002
Localización:
821.1-1/AMA/pro

No hay comentarios: