Ciencia amena para mentes inquietas

Está dispoñible desde hai unhas semanas a recopilación de artigos Os dados do reloxeiro, de Xurxo Mariño con ilustracións do Carrabouxo. Excelentes textos, dos poucos de divulgación científica en galego e na rede, para traballar nas aulas. Non só de ciencias. Non sería estraño velos nalgunha proba de selectividade de Lingua e Literatura.

A ver como o encadernamos para a biblioteca!

Descarga gratuíta en Consello da Cultura Galega (PDF 2,2 MB)

No hay comentarios: