O lago das garzas azuis

Na mesa das novidades, pousaron catro garzas azuis. Salientan sobre o fondo amarelo na pasta do libro. Por dentro sabemos que é o amarelo das areas do deserto coñecido co nome de Nabalpam, que está debaixo do Lago Grande e cara a onde voan, seguindo as garzas, os nenos mudados en reiseñores brancos. Porque os nenos de todo o mundo necesitan / necesitamos ese lugar onde escapar da fame, da ignorancia, da explotación, do medo... dos Cazadores de Reiseñores Brancos.
Trátase dun libro difícil con boas críticas. Un libro raro como avisa desde o comezo o autor, Alfonso Pexegueiro, na versión galega (non tradución), aparecida este outono, da primeira edición en castelán de hai uns anos co patrocinio de UNICEF:
“Este é un conto moi longo sobre unha mentira moi grande escrito dunha maneira moi curta e moi rara, pero é un conto”.
Un conto de nadal para os nenos da fame que non existen... aínda que aparezan nas estatísticas. Quen se atreva coa súa lectura, que o faga en voz alta aínda que sexa curioseando en silencio.

O lago das garzas azuis
Autor/es:
PEXEGUEIRO, ALFONSO / Freixanes, José (Ilustracións)
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia 2005
Localización: 821.1-4/PEX/lag Rexistro: 8244

No hay comentarios: