Temos un camelio triste no patio, aínda que serodiamente xa agromou a súa primeira flor de inverno. Segundo a sección de botánica (CDU 58), por certo frecuentada durante o último mes polos micólogos do centro, esta tristeza da camelia japonica chámase clorose ou en brasileiro amarelinho. O principal síntoma son esas follas amarelas debido á formación inadecuada de clorofila. Poida que fose por un exceso de sol durante este verán (o máis probable); por asfixia e podremia das raíces nun terreo con mala drenaxe (ao camelio gústalle a chuvia) ou por falta dalgún elemento nutritivo no chan.
En calquera caso, agora que comezan os exames da primeira avaliación, o camelio da entrada do instituto ten unha chea de botóns listos para dar flor. Sorte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario