Con auga de sete fontes

Ramo de San Xoán para a bitácora da biblioteca e os seus visitantes:

Alecrín

Aromático romeu con propiedades antioxidantes.

alecrin

Rosmarinus officinalis

Abeluría

Herba de San Xoán, para espantar os demos.

abeluria

Hypericum perforatum

Bieiteiro

Sabugueiro do sur de Galicia para aliviar as dores de cabeza.

sabugueiro

Sambucus nigra

Dentabrón

Fento macho das ribeiras do Mandeo, no couto de Chelo.

fento

Dryopteris filix mas

Estralote

A inocencia dos xogos infatís e o poder da dixitalina.

estralote

Digitalis purpurea

Fiúncho

Imposíbel escapar do arrecendo a anís.

fiuncho

Foeniculum vulgare

Silva

Pétalas, moita espiña e un gran premio de amoras.

silva

Rubus fructicosus

Xesta

Para varrer os malos lixos do curso que se vai. Deixádeo ir!

xesta

Cytisus purgans

Participa en Galicia encantada, a enciclopedia da fantasía popular de Galicia.

Escrito por Serafín

No hay comentarios: