OPCIÓN 1
A guerra é a salvación da Humanidade
fai avantar a Ciencia, desenrola
ao pobo, crea industrias importantes
e potentes, fai florecer a Economía
dun xeito case milagroso, asegura
a paz, é construtiva, sirve
de inspiración aos cantos épicos,
fabrica heroes inmortais e lexendarios.
Na guerra un pode demostrar o seu
valor e o seu valer, gañar ascensos,
acadar condecoracións moi prezadas,
brillantes e honrosísimas. En tempo
de guerra todo é progreso, ledicia
e mais fartura. Mísiles, tanques
fusiles, pistolas, metralletas,
escuadras, canóns aéreos e antiaéreos,
bombas atómicas, de mao e de napalm
erguen unha música doce e harmoniosa
que a xente escoita compracida
e enlevada. Todos van á morte
moi felices, os feridos teñen nos beizos
a flor dunha sorrisa. Non se derrama
sangue, ¡ai, eso non! Os campos
bombardeados e incendiados
seméllanse aos xardíns e ás máxicas
fogueiras do San Xohan.
os homes esquécense de odiar
e aprenden a amarse de verdade.
Manuel María, 1972.
BLOQUE I
1.- Indica cal é o tema do texto e fai unha síntese del. (1 punto)
2.- Expón a túa opinión sobre as ideas que o autor pretende transmitir co texto. (Mínimo 20 liñas) (2 puntos)
BLOQUE II
3.- Define os fonemas vocálicos da seguintes palabras: guerra (liña 1), flor (liña 22), homes (liña 27). (1 punto)
4.- Indica un sinónimo e un antónimo do significado que texto teñen as seguintes palabras; crea (liña 3), potentes (liña 4), gañar (liña 10), progreso (liña 13), amarse (liña 2-). (1 punto)
5.- Localiza as formas se do texto indicando o valor de cada unha delas.
(1 punto)
6.- A diversidade prurilingüe e pluricultural de España. Identificación das linguas, territorio que ocupan e marco legal no que se desenvolven. (Mínimo 15 liñas)
(1 punto)
BLOQUE III
7.- Tendencias da lírica na segunda metade do século XX. Grupos de poetas. (Mínimo 20 liñas) (3 puntos).
Categorias: Xeral
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario