As palabras de Sartre

Jean Paul Sartre (1905-1980)

Na biblioteca, a autobiografía As palabras:

sartrepalabras

CDU: 821.1-3

SAR    

  pal   

Edicións Laiovento

"Comecei a miña vida sen dúbida como a rematarei: no medio dos libros".
O autor fala da súa infancia contando como descubriu a existencia mediante as palabras. Un ensaio autobiográfico no cal a amizade dos libros se mestura coa autoburla dun enfant terrible. Unha reflexión sobre a ensoñación [¿maxia?] das lecturas, a aprendizaxe turbulenta dun ser humano, os xogos dun cativo no medio das convulsións dun século que nace. Un neno e a súa aventura anecdótica e psicolóxica da paixón polas historias que aínda non se chaman Literatura, que logo se converte nunha aventura vital e definitiva, a dos compromisos coa vida, cos humanos, cos libros.
Un libro de xogos e retranca, un libro para aprender a ler, un libro para aprender a vivir as contradiccións entre a escritura obrigada e a vida necesaria.

Na rede, exposición virtual da Bibliothèque nationale de France

sartre

No hay comentarios: