Velaquí o que din os programas electorais sobre as bibliotecas escolares:
Preténdese revitalizar as prácticas educativas e a vida cultural dos centros. Entre as previsións máis salientables pódense destacar as axudas aos centros a través da actualización dos fondos documentais, a realización de actividades de fomento da lectura; a publicación de materiais de apoio, etc. Porase en marcha tamén un programa para a actualización da rede de bibliotecas escolares, mediante a selección de proxectos elaborados polos centros educativos, que contarán con asesoramento e cunha axuda económica de 250.000 euros.
Os investimentos realizados na mellora das bibliotecas escolares foron pequenos e con escaso criterio. O goberno do BNG comprométese a pór en marcha unha rede de apoio ás bibliotecas escolares co fin de mellorar a súa xestión, instalacións e materiais con que contan, e implementar políticas efectivas de mellora das habilidades lectoras do alumnado. Así mesmo, darase a formación necesaria ao profesorado coa correspondente redución horaria para asumir a responsabilidade deste servizo educativo.
· Potenciación das bibliotecas escolares, mellorando as súas dotacións e extendendo os seus recursos a medios audiovisuais.
· Promover, de acordo coa Consellería de Educación, a regulación da misión e dasfuncións das bibliotecas escolares, establecer un plano para a súa implantación e millora, constituír a súa rede e recoñecer a figura do docente-bibliotecario.
Irrenunciables para nós son: (…) o emprego das bibliotecas/ mediatecas escolares, cun plano nacional para artellar as bibliotecas escolares nunha rede que permita o uso didáctico das mesmas, a súa dotación con fondos actualizados e a súa conversión nun espazo habitual na vida do alumnado.
Categorias: Xeral
Escrito por: Serafín
Comentarios
Antonio dice:
04-06-2005 02:26:06
Decía Marx (Groucho) que "la política es el arte de buscar problemas, encontrarlos, hacer un diagnóstico falso y aplicar después los remedios equivocados".
No hay comentarios:
Publicar un comentario