No mesmo lugar que inspirou en 1943 a obra Wenceslao Fernández Flórez reprentarase mañá a adaptación teatral de El Bosque Animado. Será na fraga de Cecebre (Cambre), unha vez pasada a gasolineira, o martes día 21, ás 22:30 horas. O espectáculo ao aire libre durará unha hora aproximadamente. A entrada é libre. Velaquí o programa:
Estrutura da Montaxe Teatral.
Introdución. voz en off con textos da obra sobre a fraga, música de recreación de ambiente natural.
Escena 1.
Monólogo de presentación do Personaxe Fendetestas.
-selección dos textos do capítulo “A alma en Pena de Fiz de Cotobelo” -
Escena 2.
A Banda de Moscas (músicos e actor) interrompen a escena anterior. Arenga da mosca líder á rebelión das Moscas.
-recreación do capítulo “O Pobo Pardo”-
Escena 3.
Escena de regreso dos mozos e mozas da Verbena, acompañados de músicos.
-recreación dos textos do capítulo “Xeraldo e Hermelinda”-
Escena 4.
Interacción con público do personaxe Fendetestas
Escena 5.
Encontro do personaxe Fendetestas coa Alma en Pena de Fiz de Cotobelo.
-selección dos textos do capítulo “A alma en Pena de Fiz de Cotobelo”-
Escena 6.
A Banda de Moscas (músicos e actor) interrompen de novo a escena anterior. Arenga da mosca líder á rebelión das Moscas.
-recreación do capítulo “O Pobo Pardo”-
Vanse polo público
Escena 7.
Fendetestas e Fiz de Cotobelo están en escena cando aparece A Santa Compaña na fraga.
Resolución final entre os dous personaxes.
-selección dos textos do capítulo “A alma en Pena de Fiz de Cotobelo” -
Escena 8.
Performance Peche: Coreografía e Acrobacia.
-recreación do relato “O Clan dos Gatos”-
Escena epílogo.
Interpretación Musical: tema de peche. Voz en off: textos do epílogo da obra.
Categorias: Recomendacións
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario