Edicións Xerais de Galicia está hoxe de festa na illa de San Simón.
Entre os motivos da celebración están os xa máis de vinte e cinco anos
de edición. Lembramos libros fermosos como aquel inesquecible
Arnoia, Arnoia de Ferrín do ano 1985; as obras imprescindibles que
ano tras ano dedica ao Día das Letras Galegas; os libros de texto que
empregamos a cotío nas aulas; a colección Merlín e a colección Fóra
de Xogo nas que están aprendendo a ler en galego todos os novos
lectores de Galicia... Por todo iso, que sexan vinte e cinco mil
primaveras máis. Tamén para as brétemas do seu director xeral.
Categorias: Xeral
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario