Segunda feira de loito

Durante todo este curso Álvaro Cunhal estivo no instituto. A compañeira Dores colgou no corredor do primeiro andar, entre os máis buliciosos de 3º. e  4º. da ESO, os "Desenhos da Prisao". Os debuxos que integran o álbum publicado no 1975, após a Revolucao dos cravos, foran feitos polo histórico líder comunista nas celas da Penintenciária de Lisboa e no Forte de Peniche. O alumnado de 1º. de Bacharelato lembrarán esta última cadea pola novela Resistencia, de lectura obrigatoria durante o segundo trimentre.
      Álvaro Cunhal faleceu esta semana aos 91 anos de idade.

      O loito continúa polo falecemento do poeta Eugénio de Andrade, un dos grandes poetas ibéricos do século XX. Non figura na biblioteca do centro ningún libro seu que arrolar na man, pero na rede hai algunhas pequenas mostras da súa ampla traxectoria poética, como as obras ilustradas de Homenagem a autores portugueses.

cunh04

Álvaro Cunhal
Desenhos da Prisao

É urgente o amor.

É urgente um barco no mar.

É urgente destruir certas palavras,

ódio, solidão e crueldade,

alguns lamentos, muitas espadas.

É urgente inventar alegria,

multiplicar os beijos, as searas,

é urgente descobrir rosas e rios

e manhãs claras.

Cai o silêncio nos ombros e a luz

impura, até doer.

É urgente o amor, é urgente

permanecer.

Eugénio de Andrade en Até Amanhã

Categorias: Xeral

Escrito por: Serafín