Este mes cúmprense cen anos da fundación do movemento artístico Die Brücke (A Ponte), o primeiro grupo de expresionistas alemás aos que o réxime nazi calificaría logo como "arte dexenerada". Desde a cidade de Dresde, lanzan o seu manifesto fundacional:
"Coa fe posta no progreso e nunha nova xeración de creadores e consumidores, facemos un chamamento á mocedade; e como mocedade portadora do futuro, procuramos para nós a liberdade de vivir e actuar fronte as forzas tradicionais. Todo aquel que reflicta nas súas obras espontánea e veridicamente toda a súa forza creadora é dos nosos".
Con eles relacionarás toda a vangarda artística de comezos do século XX en Europa. En pintura, Munch ou tamén a Kandinsky e Paul Klee do grupo Der Blaue Reiter (O xenete azul) e logo a Walter Gropius e a Bauhaus como escola de deseño e arquitectura; na música, Schoenberg; na literatura, Kafka ou Bertold Brecht; no cine, Murnau e Fritz Lang.
Moito que descubrir na biblioteca!!!
Categorias: Xeral
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario