O Foro do bo burgo do Castro Caldelas está dispoñible na rede no portal do Consello da Cultura Galega. Datado en Allariz en abril do ano 1228, trátase dun privilexio real dado polo rei de León e Galicia, Afonso IX. Xunto coa transción, o profesor Henrique Monteagudo explica a historia deste documento que xa se coñecía pero considerábase unha tradución posterior. A partir de agora pasa a ser "o documento máis antigo escrito en galego en Galicia".
Cómpre salientar o feito de que fose escrito en Galicia, conservado na actualidade no Arquivo dos Duques de Alba en Madrid. Os documentos non literarios máis antigos en galego-portugués sitúanse ao sur do Miño e ata o momento seguen a ser a Noticia de Torto (1211) e o Testamento de Afonso III de Portugal (1214).
Categorias: Xeral
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario