Exames de Selectividade resoltos

O portal Educared publica máis de 500 exercicios de Selectividade resoltos por profesores e catedráticos de todas as materias (agás Lingua e literatura galega). Cada exercicio inclúe as pautas para a súa realización, modelos de respostas, información de repaso e trucos. Os problemas desenvólvense paso a paso en formato multimedia: con gráficos animados, explicacións adicionais de regras ou teoremas aplicados...

educared[1]

Lido en Código Cero

Categorias: Recomendacións

Escrito por: Serafín

Comentarios
Francisco José Rodríguez POrto dice:

18-07-2005 11:40:42

Olá:
gustariame que me pasedes os exames de Seleticidade (Galicia) de xuño do 2005 de:
Matemáticas puras
Quimica
Inglés
Filosofía
Lingua Española e literatura
E no seu defeto unha ligazón para obter dita información.
Moitas grazas!!!

Web: http://

Serafín dice:

20-07-2005 22:31:16

Ola:
A ligazón onde podes obter toda a información sobre as Probas de Acceso á Universidade (PAAU) é a da Comisión Interunivesitaria de Galicia. Tradicionalmente neste enlace, os grupos de traballo van colgando as novidades, avisos e modelos de exames. Están os exercicios de xuño de setembro desde o ano 2001 e creo que tamén os últimos deste ano.
http://www.cesga.es/ciug/actualizacion/marcopaau.html
Esperarmos verte máis por aquí. Saúdos desde Betanzos.

Web: http://biblioteca.acelblog.com

No hay comentarios: