María Mariño. As nosas Letras en caligramas.

A escrita comezou por ideogramas. Imitando os exipcios, as nosas alumnas e alumnos convertéronse en escribas e crearon xeroglíficos como xa vimos.

Axiña viñeron os alfabetos, e aínda así, a imaxe estaba presente. Os gregos, nas "tecnopecnias" ou poesías figuradas, deseñaban obxectos partindo da forma da palabra, como «O Ovo» de Simias de Rodas (300 a. C.).

Logo chegaron as vangardas, Apollinaire, e poetizaron en forma de caligramas.

O mundo actual, máis que nunca, réxese pola imaxe. E traballando coas imaxes que os poemas de María Mariño suxerían, o alumnado de 4º da ESO de Técnicas de Expresión Escrita deseñou estes poemas visuais: