
O lenzo formou parte da serie “La religión del trabajo” e acompañouna no longo exilio por América. Así relata, corenta anos máis tarde, a emoción daquela xornada de manifestación obreira:
A orixe de Sorpresa do trigo brotou presenciando a última manifestación do 1º. de Maio que desfilaba por Recoletos. Pasaban uns señores con ollos mirando para o ceo. Entre o grupo que presenciabamos este sereno desfile estaba María Zambrano que pronunciou: “estes son os liberais”. Despois apareceu todo o mocerío moi decidido cun simulacro de armas e eu dixen: “estes son os precursores dun novo imperio inédito”. Repentinamente emerxeu entre o desfile un brazo que alzaba un enorme pan, coma unha eucaristía. Ao chegaren onda nós pergunteilles: “de onde vindes?” Dixéronme que viñan andando desde Tarancón. “E que queredes?” “Pan”.
Para saber máis sobre Maruxa Mallo na nosa biblioteca:

Autor/es: VIDAL, CARMEN
Editorial: PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, S.A. 1999
Localización: 821.1-3/VID/mar Rexistro: 2801
1 comentario:
Eh !! Serafín, siempre con un toque de "calidade". El día 9 estoy en Ourense pero todavía lejos del Castro de Baronceli.
Publicar un comentario