Un grupo de alumnas e alumnos poderán poñer a proba hoxe as súas capacidades como debuxantes nun obradoiro organizado pola biblioteca e que impartirá Manel Cráneo.
Manel Cráneo naceu na Coruña en 1973.Cursou estudos de deseño gráfico na ESCOLA DE ARTES PABLO PICASSO na Coruña.
No terreo do banda deseñada declárase autodidacta.
Desde hai 11 anos vén desenvolvendo o seu traballo como free-lance en diferentes campos do deseño e a imaxe e colaborando deste xeito con gran número de axencias de publicidade, editoriais, revistas, produtoras cinematográficas, etc.
Algúns dos campos en que traballou son: a ilustración editorial, o cómic, o deseño gráfico, deseño e realización de escenografías teatrais, o humor gráfico, o cartelismo, o deseño de mascotas, os debuxos animados, etc.
Como autor de cómic traballou para diversos fanzines e revistas como COSTRA DE POSTRE, OS RÚSTICOS DA GUADAÑA, CRANEOFILIA, OVO, GOLFIÑO, BARSOWIA, BD BANDA, O FANZINE DAS XORNADAS (Ourense), INTEREA VISUAL (Deputación da Coruña) ou actualmente en CAÑA (a revista oficial da marca de cervexa ESTRELLA GALICIA). Participou ademais en múltiples exposicións colectivas e varias persoais.
Como conferenciante leva máis de 60 cursos, obradoiros e charlas durante os últimos anos impartidos en bibliotecas públicas, centros de ensino, salóns de cómic e asociacións culturais.
Participou no SALÓN DO CÓMIC de GETXO, de BARCELONA, de GRANADA, da CORUÑA, nas XORNADAS DE BD de OURENSE e as SEMANAS DE BD itinerantes por diversos concellos galegos co apoio da XUNTA DE GALICIA.
Foi galardoado en 13 concursos de cómic, dous deles a nivel nacional.
Tamén realizou story-boards para a largometraxe EL LÁPIZ DE CARPINTERO, diversas curtametraxes de acción real, a serie de animación O CARRABOUXO, CAMPAÑAS PUBLICITARIAS de empresas como ESTRELLA GALICIA, R, XUNTA DE GALICIA, DEPORTIVO DE LA CORUÑA, RADIO VOZ, etc; colaborando con realizadores como Paco Cuesta, Jorge Coira, Antón Reixa ou Carlos Amil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario