17 de maio, Día das Letras. Silencio ao meu redor. U-lo meu idioma falangueiro? De vacacións? Festa tamén para el? Hoxe non laboura? Non, eu quéroo vivo, na casa, cos amigos, no traballo, celebración diaria. Non, non hai lecer para a miña lingua, aínda ten moito polo que loitar.
17 de maio,
Día da Internet. Velaquí a miña dupla homenaxe: as palabras de María Mariño Carou neste blogue.
Tiven medo de vogar,
tiven medo da auga crara.
Anque fora cuns bos remos
anque fora na mar calma,
non vogaba!, non vogaba!
O medo xa non sei del.
Xa secou aquel mar longo.
E sin saber donde veu,
si é doutro ou é meu,
navego nun mar de fondo.
Palabra no tempo
5 comentarios:
Ti tamén es a palabra no tempo. Acaríñasnos coa túa voz e os teus agarimos en todos os nosos tempos.
a verdade que a voz de ugía e a letra de maría marinho botan os pelos de punta...pena que os/as escritores/as a quen se lhe adica cada ano este día só se conhezan e pulen eses ano...
¡Que bonito poema! ¡... e que cansado vogar, ás veces!.
bemil
Txari,para iso estamos nós, INCORDIANDO, coas nosas letras e os nosos fonemas. Desde esta Galiza síntome unida na lingua á Galiza que levades polo exilio.
Tras unha dura singradura chegamos a porto. Descanso merecido; esforzo recompensado. Non canses de vogar, Bemil
Publicar un comentario