O noso blog nun libro de texto


Pica na imaxe para vela ampliada.


Levamos a imaxe do noso blog a un libro de texto. Será o manual de Lingua e Literatura Galegas dalgún dos vosos amigos e amigas para o vindeiro curso, xa que é o libro que o Consorcio Editorial propón para 1º da ESO (Lingua e Literatura. 1º de ESO).


No último tema, onde se traballan as tecnoloxías da información e da comunicación (TICs), por suposto, fálase dos blogs e das bibliotecas escolares. Aí estamos nós!


As autoras son María Luísa Corredoira Gómez, profesora de Secundaria e Iolanda Sánchez Méndez, profesora do noso centro e compañeira do equipo de biblioteca .

1 comentario:

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns!!
Pero falando de blogs escolares e galegos quen senón ía aparecer? Quen nos leva a todos a carón seu? Quen é “o culpable” desta febre bloguera? Quen gañou “para a causa” a algúns/has dos que máis rexeitaban isto das novas tecnoloxías e que xa están a formar parte do club? Pois iso, quen senón...?
Unha aperta