Foi unha experiencia marabillosa. Pasámolo xenial facendo a dobraxe cos debuxos animados de "Sinchan" e coa visita por Pontevedra. Recomendámosllela a todos os que sexan afeccionados á lectura e que súa paixón sexan os libros. Que non dubiden en visitar Culturgal para o ano que vén, porque verdadeiramente paga a pena asistir a esta feira de lecer e encontro coa literatura, co cinema, coa música, coa banda deseñada...
Estefanía Ferreiro 3º eso.
Misae por un día. Sain de Betanzos sendo Paula e convertinme por uns minutos na nai de dous fillos moi simpáticos. Foi unha grande experiencia participar nesa dobraxe na Culturgal, e espero poder facer outra moi pronto cos meus compañeiros, que foron os que me animaron a perder a vergoña.
Paula López 3º eso.
1 comentario:
"que súa paixón sexan os libros"
Es emocionante leer esto de una de nuestras usuarias.
Publicar un comentario