O suplemento semanal La Voz de la Escuela, que vai polo número 789, ten a partir deste mércores a súa versión dixital. O Programa Prensa-Escola será presentado de xeito oficial o vindeiro 4 de outubro en Santiago de Compostela.
Outra novidade é o anuncio de concursos para profesores que se unen aos premios de proxectos escolares como Voz Natura. A proposta para os docentes xirará arredor de cómo aplicar as novas do xornal a cada unha das áreas de ensino.
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario