8 de setembro. Día Internacional da Alfabetización
Definicións
Analfabeto: persoa que non é capaz de ler ou escribir con comprensión unha breve e sinxela exposición de feitos relativos á súa vida cotiá.
É analfabeto funcional a persoa que non pode emprender aquelas actividades nas que cómpre a alfabetización para a actuación eficaz no seu grupo e que lle permitan asemade valerse da lectura, a escritura e a aritmética ao servizo do seu propio desenvolvemento e da súa comunidade.
Estatísticas
Calcúlase que no mundo existen máis de 880 millóns de persoas maiores de quince anos analfabetas. É dicir, o 20 por cento da poboación adulta mundial.
O analfabetismo é sexista: Dous tercios desta cantidade son mulleres. Mulleres: 562 millóns. Homes: 320 millóns.
O analfabetismo é pobreza: Rexións máis desenvolvidas: 14 millóns. Rexións menos desenvolvidas: 868 millóns de persoas.
Concéntrase principalmente no sur e leste de Asia. Só na India estímase que existen 285 millóns de adultos analfabetos.
O analfabetismo combátese coa educación, pero 113 millóns de nenos están sen escolarizar e non teñen acceso daquela á ensinanza elemental.
Asemade, o analfabetismo afecta ás minorías étnicas e lingüísticas, poboacións indíxenas, inmigrantes, refuxiados e persoas con discapacidades.
A taxa de analfabetismo mundial pasou do 44% nos anos 50 ao 25% no ano 1990. No 2005 estamos no 18’5 % (13’4 nos homes e 23’6 nas mulleres).
As competencias de lectura e escritura dos países desenvolvidos tamén amosan lagoas. O 5% dos estadounidenses son analfabetos segundo o censo de 1990; sete millóns de residentes no Reino Unido son analfabetos funcionais. En España, as cifras baixan pouco do millón de habitantes (950 mil adultos, maioritariamente mulleres).
Fonte: Internacional Literacy Explorer
UNESCO. Institute for Statistics
UNESCO. Education for All by 2015
Ver: Video on International Literacy Day 2005 (portugués) (swahili)
No hay comentarios:
Publicar un comentario