O vindeiro 3 de outubro, en toda a península ibérica, pero especialmente na franxa diagonal Santiago - Madrid - Valencia, poderemos ver unha eclipse anular de sol.
En Galicia, o comezo da anularidade está previsto para as 10:51 horas. Como é luns, estaremos no mellor sitio para ver e aprender acompañados de amigos e profesores de ciencias: o instituto. Ide preparando as medidas de protección ocular.
Máis información na páxina da activa Agrupación Astronómica Coruñesa. Se o tempo o permite, tamén será retransmitido por internet pola mesma Agrupación ÍO.
Na biblioteca, busca no número 52
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario