A 400 metros do instituto, no valado do campo de fútbol e polos arredores do Pasatempo.
Graffiti do I Festival de Arte Urbana (27 de agosto do 2005)
O graffiti entrou nas nosas vidas pola dureza das súas mensaxes. Barrios que amencían coa conciencia sacudida polas paredes. Arte en movemento nas evocadoras paisaxes ferroviarias. Cor na fealdade dos edificios que chamamos casa. Declaracións de amor, desafío á autoridade, inspiracións relixiosas, política caótica e necesaria, comentarios marxinais ao pé das nosas vida. Moita idea anónima.
Agora vexo moita firma e pouca mensaxe.
Escrito por: Serafín
No hay comentarios:
Publicar un comentario