BlogDay

Para celebrarmos o BlogDay, recomendamos a visita aos seguintes veciños de aquén e alén mar:

BRASIL

Lousa digital. Desde Sao Paulo, a profesora Sônia Bertocchi abriu este “espaço para a reflexao colectiva sobre o uso pedagógico da Internet”.

ARXENTINA

Dentro do portal educativo do estado arxentino, os seguintes enlaces: Educación y TIC e BERA (Bibliotecas Escolares y Especializadas de la Repúbica Argentina)

ESPAÑA

Planeta educativo. Un superblog cuns cen blog sindicados de temática educativa.

PORTUGAL

BE/CRES. Non é un blog, pero o dinamismo con que o amigo Pedro Rafael coordina este portal dedicado ás bibliotecas escolares e centros de recursos educativos obríganos a incluílo na lista.

GALICIA. Cinco veciños de porta con porta:

Caderno de bitácora do IES Isaac Díaz Pardo de Sada

Aula Galicia. Apuntes de Historia e Xeografía de Galicia para o Bacharelato

Ensino en galego. Taboleiro de anuncios sobre o ensino en lingua galega.

Musiescola. Educación Musical. Música no ensino obrigatorio. Música para todos.

Sekeirox. Blog de Carlos Santos, un dos máis ao tanto da blogoesfera educativa en Galicia.

 

Escrito por: Serafín

No hay comentarios: