Ás para Lolita

bolboretaO ordenador, que se está a converter na principal fonte de información diaria, descóbreme a nova literaria do día: Lolita cumpre 50 anos. Refírese á primeira edición parisina, en setembro do 1955, da novela en lingua inglesa do autor ruso, Vladimir Nabokov. Menciono tantas linguas porque onte tamén cadraba co Día Europeo das Linguas no que a Comisión se esqueceu do galego.

O caso é que na nosa biblioteca só temos un rexistro de Nabokov, pero non é o título que os nosos usuarios van buscar ao rematar o bacharelato. Tampouco dei achado ningunha foto na inmensidade de internet do que seica se chama doguillo de Nabokov (Eupithecia nabokovi) aínda que si hai fermosas páxinas sobre paixón deste autor... as bolboretas.  Por Zembla deben de andar as súas ás.

Escrito por: Serafín

lamastelle dice:

27-09-2005 12:27:11

Siempre me encanto el desafio de encontrar un dato, de descubrir algo. Acepto el reto de encontrar una foto de la mariposa de marras, y sugiero la siguiente web:
http://www.libraries.psu.edu/nabokov/dzbutt3.htm
Bueno, me tengo que ir, que he quedado con una quinceañera algo viciosa y...y nos vamos a comprar piruletas, mal pensados, nada mas :-).

Web: http://www.latorredehercules.com

No hay comentarios: