Larpeiradas con Dahl

Nós aprendemos algo primordial,
algo que aos nenos lles fai moito mal:
é que no mundo non hai nada peor
que sentarlos diante dun televisor.
De feito sería moi recomendable
suprimirmos ese aparello abominable.
¿Para que lle serve ao seu fillo este invento?
¡Púdrelle todas as ideas!
¡Mata a súa imaxinación!
¡Fai que en nada, nada crea!
¡Destroza toda a súa ilusión!
A súa pobre mente transfórmase
nun inútil reflector.
Con ollar figuras confórmase,
¡Non soña, nin evoca, nin pensa, señor!

ROAL DAHL. Charlie e a fábrica de chocolate

Ao pobre Charlie Bucket só o agasallaban con lambetadas unha vez ao ano, o día do seu cumpreanos, ata que o boleto dourado lle deu acceso á fábrica do señor Wonka. Hoxe, 13 de setembro, sería o aniversario do seu creador: Roal Dahl (1916-1990).

Para o escritor galés, de orixe familiar norueguesa, o chocolate era unha paixón. Disque o mellor que tiña a súa infeliz escola eran as visitas premiadas á veciña Cadbury, en Repton, Derbyshire.

O primeiro cartel que poremos no taboleiro este curso é o anuncio das súas obras. Vinteún rexistros ao teu dispor na nosa biblioteca. Atoparás en galego e en castelán:

Charlie e a fábrica de chocolate

Matilda

As bruxas

El Superzorro

Danny, o campión do mundo

Muá, muá

E máis os títulos autobiográficos: Boy (relatos de infancia) e Voando só.

Grazas tamén a José e Alejandro Ramos de Pontevedra por facerlle un sitio.

  Deámonos hoxe unha peperetada por Dahl e o ilustrador Quentin Blake.

matildaquentinblake

Categorias: Recomendacións

Escrito por: Serafín

No hay comentarios: