Turrando da emoción

A cometa

Botar unha cometa

era guindar os soños

todos pola fiestra.

Era poñer a ialmacometa

por enriba das pólas

máis ergueitas da fraga.

Era andar cos miñatos

nun alto voo suspenso

sobre a paz dos campos.

Era ter -¡cousa meiga!-

o corazón atado

cun longo fío á terra.

 

X. M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

CANLE SEGREDO
Estado: Dispoñible
Localización: 821.1/VOZ/52
Nº rexistro: 5840

As estatísticas son terribles. O 77'6 por cento do alumnado de ESA e Bacharelato de adultos non voou nunca unha cometa. E aínda máis grave no que se refire a construír un papaventos coas propias mans e bramante do caixón das ferramentas.

Seino porque ademais de todas esas lerias do texto como pretexto (exercicios de repaso ortográfico, léxico, gramatical e mesmo do comentario formal da métrica e da rima) chegamos ao cerne que formula con buscada sinxeleza o poema: a emoción.

Falamos do que significa esta palabra. O conducirnos fóra de nós mesmos que se expresa fermosamente nese “corazón atado cun longo fío á terra”. E entón vén a pregunta: A ti que che emociona?

Leva o seu tempo a principio de curso, pero entre todos imos arrincándonos da alma momentos felices.

-- Meter un gol, dixo alguén.

-- Parar un penalti, contestou o que sempre lle tocaba quedar de porteiro.

Chegamos á conclusión de que o deporte é unha gran fonte de emocións.

-- A min o que me pon é montar en moto.

O certo é que sobre os pupitres atenden boquiabertos varios cascos, e todos estamos de acordo en que a velocidade, sobre todo se tes 17 anos, é unha pasada.

E así con “tocar a lotería” que relacionamos cos “regalos de Reis”. Tamén “un bico” que amplía o seu significado entre risos... E eu propoño “ler un poema”, pero aquí as estatísticas aínda son peores que o voo en cometa. Recoñecen abstractamente a arte como fonte de pracer, e de concretalo nalgunha non hai dúbida de que a música é a campiona.

Todo isto para lembrarvos que aínda non me entregastes as redaccións. Sei que é difícil pregunta porque aos 17 anos moitas grandes emocións aínda están por descubrir e falta tempo para lembralas. Aos novos emociónaos o que viven e aos vellos o que recordan.

E a ti que che emociona?

Escrito por: Serafín

Comentarios
lamastelle dice:

17-10-2005 12:45:43

Laaaa cometa blancaaa, laaaaa cometa blancaaa...Errr, perdon, estoy desvariando.¿Por donde iba? Ah, si. Las cometas. Lo importante no es hacerlas volar, sino intentarlo.
Recuerdo aquel dia, un dia sin lluvia de un invierno lluvioso, no hace tanto tiempo. Una carretera sin coches, una pareja intentando hacer volar una cometa que no quiere volar, la mujer de tu vida riendose y hablandote en gallego. Saltos y carreras mientras el viento da volteretas y se detiene. Abrazos, besos y sonrisas de oreja a oreja. Ah, las cometas...

Web: http://www.latorredehercules.com

No hay comentarios: