Se este é o cuarto luns do mes de outubro, hoxe é o Día Internacional da Biblioteca Escolar. O lema proposto pola IASL (International Association of School Librarianship) para este ano é Decubrir a aventura.
Entre outras actividades que desenvolvemos esta semana, como a continuidade das visitas guiadas para os grupos da ESO e a reunión dos 22 profesores con gardas de biblioteca, buscaremos polos andeis libros que falen de libros. Estes foron algúns dos escolmados para a pequena exposición e o xogo de busca de información ideado por Joaquina que nos levará de páxina en páxina e de letra en letra.
LIBROS con LIBROS de LIBROS para LIBROS sobre LIBROS
Viva a lectura
D. PENNAC. Como unha novela
Localización: 821.1-3/PEN/com
Grazas a el sabemos que o verbo ler non soporta o imperativo… e o famoso decálogo dos dereitos do lector.
X. SEOANE. Atravesar o espello
Localización: 82.1/SEO/atr
Proselitismo da lectura adubado coas mellores citas.
Vivan as bibliotecas
J. L. BORGES. Ficciones
Localización: 821-3/BOR/fic
Inclúe o relato "La biblioteca de Babel" que é tanto como dicir o universo enteiro.
Vivan os editores e os críticos.
L.M. FERNÁNDEZ. La seducción de los sueños
Localización: 76/FER/sed
Fermoso libro de gravados sobre “o libro nos tempos modernos”
D. SCHWANITZ. La cultura
Localización: 82/SCH/cul
Subtitúlase “Todo lo que hay que saber”, pero…
A vida nos libros
A. RIVEIRO COELLO. As rulas de Bakunin
Localización: 821.1-3/RIV/rul
Aprenderías un libro de memoria para salvar literalmente a vida?
A. MAALOUF. A viaxe de Baldassare
Localización: 821.1-3/MAA/via
Á procura do libro da nosa vida que un día deixamos escapar das mans, no fatídico ano de MDCLXVI (Curioso número).
A tentación do lume
M. DELIBES. El hereje
Localización: 821-3/DEL/her
De cando ardían as persoas na fogueira da Inquisición.
R. BRADBURY. Fahrenheit 451
Localización: 821-3/BRA/fah
A temperatura exacta do inferno.
Vivan os lectores
M. CERVANTES. Don Quijote de la Mancha 1
Localización: 821-3/CER/don
Aberto polo capítulo VI da primeira parte: o donoso escrutinio que realizan o cura e o barbeiro de todo o que leu Alonso Quijana.
M. ENDE. La historia interminable
Localización: 821-4/END/his
Refuxiámonos a ler con Bastián para salvar o reino da fantasía.
…e sobre todo, vivan as lectoras
R. DAHL. Matilda
Localización: 821.1-4/DAH/mat
A nena lectora. Ler para descubrir os propios poderes.
G. FLAUBERT. Madame Bovary
Localización: 821-3/FLA/mad
Unha muller lectora. Ler para escapar do aburrimento.
Vivan os escritores
J.P. SARTRE. As palabras
Localización: 821.1-3/SAR/pal
Autobiografía da infancia de quen logo se preguntará Qu'est-ce que la litterature?
R. VALLE-INCLÁN. Luces de bohemia
Localización: 821-2/VAL/luc
A atribulada vida do escritor Max Estrella.
De libro en libro
Escollemos ao escritor galego máis universal: o Cunqueiro da materia de Bretaña, Melín e familia; do mariñeiro das mil e unha noites, Se o vello Sinbad volvese ás illas; do lugar de Itaca, Las mocedades de Ulises; ou do shakesperiano castelo de Elsinor, O incerto señor Hamlet, príncipe de Dinamarca.
Pero quedan moitos máis por descubrir na túa biblioteca escolar.
Escrito por: Serafín
Comentarios
lamastelle dice:
24-10-2005 12:39:01
¿O escritor galego mais universal e Cunqueiro? ¿Sabeno Castelao,Risco e Cela? :-).
En fin, para me queizar un ratiño dubidarei do interese da autobiografia de Sartre nunha cousa adicada as bibliotecas, mais en fin, eu soamente pasaba por eiqui. :-).
Agora o importante. ¿Quen se anima para se me xuntar e facer unha boa lumeira na plaza publica? Podemos quemas todolos libros que desexemos, que eu sonlle bombeiro e non pasa nada.ahhh, ahi cai fuxindo un home.libro. Que alguen lle dispare, que isas cousas cargaas o demo da imprenta...
No hay comentarios:
Publicar un comentario