Ferrados de corazón, fanegas de alma

Carné de identidade

manuelmaria1

Eu son Manuel María.
Nacín no 29, o 6 de Outono,
en Outeiro de Rei da Terra Chá.
Son dunha caste rexa de labregos
fieles á súa terra e ao seu Deus.

Agora son un namorado.

Eu son Manuel María,
cantor da Terra Chá que algúns din.
Cantor da terra chá que leva un
clavada nas entrañas, penso eu.

Eu son Manuel María,
labrego con algo de poeta.
Por eso gardo as albas
no fondo dos meus ollos
e ando de vagar o meu camiño,
e pídolles ás cousas a súa tenrura
e aos homes pídolles verdade.

Non teño máis tarefa:
son unha humilde folla que salaia
na noite escura movida polo vento.
Eu son Manuel María,
un son tan só, lonxano e feble.
Documentos persoais, 1958.

Con esta presentación poética comezan as unidades didácticas Manuel María, ferrados de corazón, fanegas de alma, para primaria e secundaria, editadas pola AS-PG.

Forman parte da homenaxe que a partir durante próximos meses se lle renderá ao poeta chairego con diferentes actividades e actuacións. A máis próxima con música, poesía e audiovisuais o vindeiro sábado, día 8, ás 20:00 horas no Auditorio de Santiago.

Ademais das unidades citadas, estas son as obras de Manuel María dispoñibles na biblioteca:

TERRA CHÁ
Publicación: LUGO : CELTA, 1972
Localización: 821.1-1/FER/ter

DA TERRA CHÁ
Publicación: LUGO: CITANIA DE PUBLICACIÓNS, 1995
Localización: 821.1-1/MAR/da

O LIBRO DAS BALADAS
Publicación: SANTIAGO DE COMPOSTELA : FOLLAS NOVAS, 1978
Localización: 821.1-1/MAR/LIV

ANTOLOXÍA POÉTICA
Publicación: A CORUÑA : EDICIÓNS ESPIRAL MAIOR S.L., 1995
Localización: 821.1-1/MAR/ant.

ANTOLOXÍA POÉTICA MANUEL MARÍA
Publicación: VIGO : A NOSA TERRA, 1997
Localización: 821.1/AS-PG/39

OS SOÑOS NA GAIOLA
Publicación: LUGO : CELTA, 1972
Localización: 821.1-1/MAR/soñ

AS RIBEIRAS SON ESCURAS
Publicación: A CORUÑA : EVEREST GALICIA, SL, 1997
Localización: 821.1-4/MAR/rib

FARSA DE BULULÚ - UNHA VEZ FOI O TREBÓN
Publicación: SANTIAGO DE COMPOSTELA : COMPOSTELA, 1992
Localización: 821.1-1/MAR/far

NOTA: O programa informático colleu MARÍA como primeiro apelido para a signatura do autor. É incorrecto, pero que lle imos facer agora?

Escrito por: Serafín

No hay comentarios: