Luns de outubro

Velaquí dous textos que xa circulan pola rede, pero que non me resisto a reproducir para comezar esta semana que vén pisando forte.

Desde 1985, o primeiro luns de outubro celébrase o Día Mundial da Arquitectura, este ano baixo o lema de “Compartindo a cidade”. Boa ocasión para recomendar a consulta en sala dos fermosos volumes que Nova Edicións dedica aos artistas galegos: pintores, escultores e arquitectos.

artistasarquitectos

VV.AA.- Artistas galegos. Arquitectos. (Da Ilustración ó eclecticismo)

VV.AA.- Artistas galegos. Arquitectos. (De modernidade ó século XXI)

CDU: 72/VAR/art

«O home e a muller -cóntanos Le Corbusier, o máis importante arquitecto do século XX-, ese home e esa muller que sempre están ante nós, coas súas dimensións, os seus sentimentos e o seu xeito de ver as cousas, están sentados, por exemplo ante a súa mesa.

    Os seus ollos póusanse sobre os espazos e os obxectos que os rodean: mobles, cadros, libros... e outras moitas cousas ás que lles dan importancia... As paredes da habitación péchanse ao seu redor, abríndose ao exterior a través das ventás...

    Agora, póñense en pé, camiñan, abandonan a habitación, pasan a outro sitio, a calquera sitio.

    Aí os tendes, máis tarde. abrindo a porta da súa casa... un corredor, escaleiras, un ascensor... Xa están no portal. Van saír á rúa.

    ¿Cómo é o exterior? ¿Hostil? ¿Acolledor?... Camiñan polas rúas da súa cidade e poden, nun breve tempo, encontrarse fóra dela, no campo.

    A arquitectura non os abandonou nin un só instante. Primeiro, a vivenda: habitacións, mobles... Logo, a rúa, o sitio urbano, a cidade... Máis tarde, o campo, os seus camiños, as súas casas, as súas pontes, verde e ceo, natureza...

    A arquitectura actuou sobre cada unha das súas decisións estimulando os seus sentidos. Arquitectura é todo: as súas cadeiras e as súas mesas, os muros e as súas habitacións, as súas escaleiras, os seus ascensores, as súas rúas, a súa cidade...

    Beleza e fealdade, felicidade ou desgracia marcarán as súas vidas a través da arquitectura.

    A arquitectura abarca todo aquilo que os rodea».

Extraído de Proxecto Terra

O segundo texto para este luns de outubro irrepetible nas nosas vidas pertence ao mestre guatemalteco do conto, pero por aquilo dos dereitos de autor vai ser mellor lelo neste enlace:

“El eclipse”

Na biblioteca: AUGUSTO MONTERROSO.- La oveja negra y demás fábulas (821-3/MON/ove)

Escrito por: Serafín

amastelle dice:

02-10-2005 23:52:52

¿Quien es el maestro guatemalteco del cuento? Yo e sque soy del plan educativo nuevo...En fin, me ire a dormir, esperando que , cuando despierte, el dinosaurio aun este ahi...

Web: http://www.latorredehercules.com

Serafín dice:

03-10-2005 12:12:08

Facíao un pouco maior, señor lamastelle. Pero élle ben certo que todos somos novos para aprender.
Eu acabo de me enteirar que de que media hora despois da morte do mestre do romanticismo español o ceo de Sevilla enloitoise. O día 22 de decembro de 1870 houbo na cidade andaluza un eclipse total de Sol, media hora despois do pasamento de Gustavo Adolfo.
En fin, afortunadamente para nós, cando pasou a eclipse, o instituto aínda estaba aí.

Web: http://

lamastelle dice:

03-10-2005 16:50:53

No se lo diga usted a nadie, que luego todo se sabe, mas mi edad es la misma a la cual, Alejandro de Macedonia se murio en Babilonia. Mas o menos la misma edad a la que Jesus tuvo aquel problema con Judas, en aquella famosa cena.
Lo que por cierto, me dio oportunidad de hacer un chiste en mi cumpleaños, citando a Julio Cesar, cuando con 33 añitos, dicen que dijo aquello de : A mi edad, Alejandro ya habia conquistado el mundo...
Un saludo.
Pd. Servidor anda preparando unas encuestas para bibliotecas coruñesas, ¿Algun interesado por aqui, quizas?:-).

Web: http://www.latorredehercules.com

No hay comentarios: