Mariña, alumna do curso 1º A da Eso, cóntanos a súa impresión sobre a visita que ela e os seus compañeiros e compañeiras de primeiro fixeron ao Museo da Estampa de Betanzos. Tamén móstranos o seu gravado.
“A miña experiencia no taller de estampa é moi positiva, xa que nos deixaron facer un gravado a mín e aos meus compañeiros e ensináronos como realizalo. Os profesores de estampa foron moi pacientes connosco, esplicáronos moi claro todo o proceso e axudáronos en todo o que precisábamos. O máis fermoso foi ver os traballos creativos finalizados”.

O pasado 26 de febreiro o alumnado de primeiro da ESO visitou o Museo co seus titores. Algúns dos gravados que fixeron están expostos na entrada do instituto.
Desta visita, organizada pola biblioteca, xa se falaba no pasado boletín de xaneiro.
1 comentario:
Grazas Mariña pola túa colaboración
Publicar un comentario