Chegan as tan esperadas vacacións e algúns de nós quedaremos na casa para poder facer aquilo que habitualmente non se fai cando estamos faltos de tempo: erguerse un pouco máis tarde, pasear, excursións cos amigos, ir ao cine,... e por suposto, ler.
Eu xa collín hoxe na biblioteca os libros para estes días (desde que hai tanto onde elixir aforro moito nas librerías) e tamén algunha película por se o tempo non acompaña e hai que estar máis na casa. É dicir, estou preparada para as vacacións.
El contador de arena e El médico de Ifni son as miñas eleccións, ou sexa que ao final viaxarei por Alexandría, Siracusa e o deserto do Sáhara. Non está mal, ¿non?
Xa vedes, tamén viaxamos aqueles que aparentemente quedamos na casa.
Na biblioteca do noso instituto hai máis de 9.000 destinos que nos permiten desprazarnos non só a outros lugares senón tamén a outros tempos, a outras culturas, a outras vivencias, a.... ¡Imos de viaxe!
No hay comentarios:
Publicar un comentario