¡Extra! ¡ Extra! xa saiú o novo boletín

Mafalda e os seus amigos Corto Maltés




Tintín e Milú Mortadelo e Filemón





Astérix e Obélix Lucky Luke e o seu cabalo

xunto a outros personaxes da banda deseñada saíron estes días da súa estantería (821-5) para pasear polas mesas da biblioteca. Algúns falan galego, outros castelán e outros francés, e ata algúns deles domina varios idiomas. Podémolos levar ás nosas casas ou lelos mentres facemos un descanso no estudo, gozamos do tan esperado recreo ou simplemente pasamos un intre na biblioteca.

O boletín deste mes de marzo está adicado a todos eles, coa súas “fotos”, os seus creadores, unha pequena información sobre a súa vida e os libros onde saen.

Debuxantes como Xaquín Marín, , Quino ou Miguelanxo Prado ensínannos os seus debuxos.

Novidades como Os barbanzóns e clásicos como Homero

Unha relación de blogs sobre a banda deseñada e o anuncio dun obradoiro sobre este tema que se poñera en marcha o vindeiro mes de maio completan o boletín do mes que podes atopar, como sempre, no noso almacén.



No hay comentarios: