ESPELLO CÓNCAVO presenta O ZARDIGOT de EULOXIO RUIBAL.


Nas ofertas culturais, calquera acto que non se publicite corre o risco de que non se coñeza”. Son palabras do autor Euloxio Ruibal e, …canta verdade hai nelas!
No xornal deste sábado 3 de marzo case pasa desapercibido o seguinte anuncio:



E falamos do Zardigot, premio Abrente na I mostra do teatro de Ribadavia en 1973. Obra dunha temática viva aínda hoxe en día: a guerra, a violencia, as súas desastrosas consecuencias no seu dunha familia dividida ideoloxicamente: un pai contra un fillo; unha nai, cal heroína grega, na busca do primoxénito; loucura; morte…


E falamos de Euloxio Ruibal, un dos renovadores do noso teatro. Prolífico autor dramaturgo, mais paradoxalmente inédito na escena profesional galega. Membro da RAG, narrador, ensaísta, guionista de cine...

Bravo por Arturo López director da compañía Espello Cóncavo, pola valentía de enfrontarse ao Zardigot.


Dende este blogue guiámonos polas palabras de Ruibal e velaquí a nosa máis que merecida publicidade.
Animámosvos a que entredes tamén no blogue creado para a ocasión, no que iredes atopando información sobre o autor, o director da compañía, actores e actrices, equipo técnico, datas de representación, e unha propósta didáctica para o ensino coordinada pola AS-PG.

E como non, animámosvos a que asistades a algunha das representacións que farán por toda Galiza. A estrea será o vindeiro venres 9, ás 20.30 no teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Desexámoslle desde aquí un grande éxito para Arturo e a súa magnífica compañía.

E como non, podedes atopar este innovador texto dramático de Euloxio Ruibal na nosa biblioteca así como boa parte da súa produción literaria.

No hay comentarios: