Este é o título do derradeiro boletín “recén pintado” da biblioteca. Nel hai propostas de lectura de novelas que nos achegan á pintura xa que a utilizaron como parte importante da trama: : La joven de la perla, El judas de Leonardo, El misterio de Velázquez, La tabla de Flandes, A leiteira de Vermer.
A través de “Un detective en el museo” pódese facer un percorrido pola Town Gallery mentres se busca a unha famosa banda dedicada á falsificación de cadros.
Outro percorrido pola pintura é posible grazas a “Mirar a pintura a través dos séculos”, con 18 cadros que levan desde o gótico do século XIV ata a arte abstracto do século XX.
Proponse coñecer a vida e obra de Frida Kahlo a través da película Frida ou saber algo da súa vida lendo o libro de “Historias de mujeres”. E falando de mulleres, non podía faltar nesta lista o título “Las mujeres, que leen, son peligrosas” que xa tivo o seu propio artigo, máis que merecido, nesta mesma bitácora.
A biblioteca organizou unha visita didáctica para o alumnado de primeiro da ESO ao Museo da Estampa de Betanzos, irán o vindeiro 26 de febreiro cos seus titores e alí farán uns gravados que se expoñerán posteriormente no instituto.
O concurso de marcapáxinas para este curso xa está en marcha e no boletín inclúense as bases para que poida participar todo o alumnado.
E para rematar unha invitación a curiosear os monográficos sobre pintores que hai na biblioteca.
Este boletín podédelo atopar na biblioteca, nas aulas ou no almacén deste blog.

No hay comentarios:
Publicar un comentario