Por segundo ano consecutivo a propia Rosalía veu á nosa biblioteca no aniversario do seu nacemento para amosarnos que esa imaxe distorsionada que nola presentou como a “santiña”, ou a “chorona” é falsa.
Escoitamos da súa propia voz (grazas, Dores, por traérnola de novo) como foi unha muller cunha formación superior á de calquera muller da época, como viviu o matrimonio, a maternidade, a enfermidade, a morte do fillo, a incomprensión da sociedade por non responder ao canon de muller submisa da época que debía de consagrar os seus versos ao amor romántico, á relixión e aos costumes.
E na voz dos nosos rapaces, acompañada polo doce son de dúas guitarras, bouraron como batáns os versos máis comprometidos da autora, pioneira do feminismo, do anti-capitalismo; voz das viúvas dos vivos e dos mortos, dos oprimidos, dos marxinados.
Un ano máis, Rosalía sempre viva na nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario