Bases do concurso:
· O concurso durará 3 semanas e terá dous partes: O pista a pista e O preguntón da derradeira semana.
· Cada semana póñense en xogo 5 puntos ( do Pista a Pista )
· Pista a Pista: Cada día (de luns a venres) ás 11,15 poñerase no taboleiro da biblioteca unha pista sobre un enigma que hai que resolver. Coa primeira pista daranse 5 puntos que irán diminuindo un punto con cada pista nova.
· O Preguntón: A terceira e derradeira semana repartirase entre os equipos concursantes unha superpregunta que terán que entregar resolta antes do vernes ás 11,30 da mañán. A solución completa á pregunta ten un valor de 5 puntos.
· Pódense formar equipos de 2 ou 3 alumnos que se terán que inscribir previamente na biblioteca.
· Non poderán obter información de ningún profesor.
· O equipo gañador ( aquel que consiga máis puntos) recibirá un cheque con 60 euros que poderá canxear por música, libros, películas ou material deportivo.
"Non importa non saber as cousas. Somos seres intelixentes e podemos buscar aquelo que non sabemos" ( Alberto Manguel)
No hay comentarios:
Publicar un comentario