Parece un deus ese home
que senta fronte a ti escoitándote moi preto
mentres falas docemente e ris con xeito encantador.
Mais a min o corazón báteme no peito sen parar
e con só mirarte con un intre enmudezo,
a lingua rómpeme,
un lene lume acéndeseme baixo a pel,
non vexo cos ollos, enxórdanme os oídos,
asolágame a suor, un tremor sacódeme enteira,
síntome máis pálida que a herba seca e paréceme que
vou morrer.
Pero todo pode soportarse porque...

Safo de Lesbos, (fins do s. VII a. C.)

Enviado por Joaquina