eu levo o teu corazón comigo (lévoo
no meu corazón) nunca estou sen el (onde eu vou ti
vas, queridiña; e o que eu faga
por min mesmo é da túa feitura, meu tesouro)
non temo
o destino (pois ti es o meu destino, miña raiña)
nin ó mundo (por fermosa ti es o meu mundo, a miña verdade)
e se a lúa ten significado, está en ti
e se o sol canta sempre o fará para ti
aquí está o segredo máis fondo que ninguén coñece
(aquí está a raiceira da raiceira e o brote do brote
e o ceo do ceo da árbore chamada vida; que medra
máis alto do que a alma pode esperar ou a mente agochar)
e esta é a marabilla que mantén as estrelas afastadas
eu levo o teu corazón (lévoo no meu corazón)
e.e.cummings (1894-1962) (nunca escribe seu nome con maiúsculas). é un autor famoso por utilizar de un modo nada convencional a tipografía, así como as maiúsculas e a puntuación. Xogando con eses elementos logra que o lector atope un novo senso nas vellas palabras. cummings fai poesía das cousas pequenas da vida cotián e os seus poemas están pensados para ser lidos en voz alta. O poema arriba reproducido é un dos seus máis famosos poemas de amor, que ten conseguido meirande sona desde que forma parte do guión do film “in her shoes” protagonizado por Cameron Diaz. cummings destaca tamén como pintor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario