O día 19 de Xuño de 1816 Mary Shelley e seu home, Percy Shelley, reúnense na Villa Deodati (Suíza) con Lord Byron. Como diversión, nunha tarde de treboada, len e escriben contos de fantasmas. Pouco despois Mary ten o soño recorrente dun estudante tratando de dar “a vida” “á cousa que tiña ensamblado”. Así nace Frankenstein, o moderno Prometeo, e a xénese desta novela é case tan famosa como a narración mesma. Mary escribe outras obras ao longo da súa vida, mais será sempre recoñecida por esta historia do estudante de medicina que tenta descubrir até onde pode chegar o coñecemento científico.
A vida de Mary foi difícil, ás veces eclipsada pola xente que a rodeaba, ou marxinada pola súa condición de muller e de muller libre : Filla de Mary Wollstoncraft (muller progresista e unha das primeiras feministas) e William Godwin (filósofo anarquista), casada con Percy Shelley e amiga de Lord Byron, non foi valorada en vida pola sociedade británica, que non lle perdoaba a súa vida á marxe. Hoxe valoramos a súa obra innovadora que foi levada ao cine repetidas veces.
Frankenstein na Biblioteca do ies As Mariñas:
Localización: 821-4/SHE/fra Rexistro: 1375/7642/1060

3 comentarios:
Desde hoy, también en gallego.
Localización:821.1-4/SHE/fra
NºR 8476
1060: Nº de rexistro de Frankenstein en galego. Xa estaba na biblioteca hai tempo
un enlace vale más que mil comentarios, aunque bienvenidos sean.
Publicar un comentario