III Certame Literario “Luisa Villalta”
Bases
* PARTICIPACIÓN
Poderán participar alumnos de educación secundaria e bacharelato matriculados en centros educativos de Sada, A Coruña e a súa bisbarra.
* MODALIDADES
Existirán dúas categorías: poesía e relato curto. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, presentados en lingua galega, e axustaránse ás seguintes normas:
- Poesía: extensión entre 60 e 100 versos
- Relato: extensión máxima de 10 folios
O tema será libre, tanto en poesía como en narración.
* PRESENTACIÓN
Enviaránse dúas copias de cada traballo. Nelas deberá figurar un título e estarán asinadas cun pseudónimo, e nunca co nome real do autor. Nun sobre pechado e adxunto ó traballo figurarán os datos do autor: nome e apelidos, idade, curso que estudia, domicilio e teléfono particulares, Centro no que está matriculado, e (importante) selo da secretaría de dito Centro que acredite a súa condición de alumno. No exterior do sobre deberán facer constar únicamente o pseudónimo e o título do traballo presentado.
Os traballos deben enviarse a:
III Certame Literario "Luisa Villalta"
IES "Isaac Díaz Pardo"C/ La Laguna, 19
15160 SADA, A Coruña
* PREMIOS
Haberá dous premios por categoría, dotados do seguinte xeito:
-Poesía: 1º premio de 400 euros - 2º premio de 200 euros
- Relato curto: 1º premio de 400 euros - 2º premio de 200 euros
Os premios poderán declararse desertos polo xurado, que estará formado por escritores e profesores de Lingua e Literatura Galegas.
* PRAZO DE PRESENTACIÓN
O remate do prazo de presentación dos traballos será o día 21 de Abril ás 14.00 horas.
* FALLO
O veredicto do xurado será inapelable, e será dado a coñecer ós interesados e ós medios de comunicación durante a semana das Letras Galegas, do 15 ó 19 de Maio.
* ENTREGA DE PREMIOS
Terá lugar no salón de actos do IES "Isaac Díaz Pardo" de Sada o día 26 de Maio durante a celebración da Semana das Letras Galegas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario